Friday 10 de May de 2024

Artistas de 38 espazos da cidade amosan a súa obra e proceso creativo nunha nova edición de ‘Estudios Abertos’


A cidadanía poderá visitar e conversar cos artistas nos seus talleres este sábado 15 de abril, de 11.00 a 20.00 horas

Este sábado, 15 de abril, celébrase unha nova edición de ‘Estudios Abertos’, un evento organizado polo Concello da Coruña en colaboración con artistas da cidade. Este ano participarán un total de 38 espazos da cidade e o horario de apertura dos locais será de 11.00 a 20.00 horas.

Na xornada participarán profesionais das diferentes disciplinas artísticas: escultura, pintura, fotografía, ilustración, debuxo, cerámica e multidisciplinar. O acceso para a cidadanía é gratuíto e os estudios contarán con programación propia durante a xornada, que incluirá a participación de artistas convidados, entre outras actividades.

O obxectivo desta xornada é coñecer de primeira man aos artistas coruñeses, os seus centros de traballo e creación e os seus procesos creativos. Son todos eles e elas profesionaisradicados na cidade e que desenvolven o seu traballo nela. O Concello organiza este evento nun ano especial pola ‘Celebración Picasso 1973-2023’, que conmemora o cincuenta aniversario do falecemento do artista que comezou a súa carreira na Coruña.

Participantes
Os estudos participantes serán: Ali Ali (pintura), Alfonso Deus (pintura), Carlota Bueno Hermida (pintura), Carmen Soriano Pereda (escultura, pintura e cerámica), Chelo Facal Casado (pintura e escultura), Daniel Remeseiro Rodríguez (multidisciplinar), Diego Avendaño (multidisciplinar), Edgar Ortiz (pintura e fotografía), Emile Gireau (escultura), Fernando Blanco Guerra (pintura e escultura), Giovani Ramírez (pintura e escultura), O Raposo Púrpura (pintura e escultura), Jano Muñoz (pintura), José Méndez (escultura), Juan Mirando (pintura e escultura), Julia Ares Iglesias (multidisciplinar), Laureano Vidal (pintura), Lidia Carrión (debuxo e pintura), Luis Mazorra e Bego Tojo (pintura e escultura), STOLAT (multidisciplinar, pintura e música), Manuel Suárez (pintura), Cillas Rodríguez (multidisciplinar), María Gisela Galván (pintura e multidisciplinar), Luisa Valdés Aguirre (pintura), María Xesús Díaz (pintura), Marta Pardo de Vera (pintura), Ese Sitio (ilustración), Noemí Penela (pintura), Xermán Rodríguez (escultura), Óscar Cabana (pintura), Pedro Bueno Salto (pintura e cerámica), Pilar Fandiño (pintura), Ramón Astray (pintura), Raúl Álvarez (pintura), Román Romeral (pintura), Simone Maestra (pintura), Vítor Mejuto (pintura) e, Laura Doldán (pintura), Vítor Rodríguez (pintura). Toda a información relacionada coa súa programación, convidados e convidadas pódese consultar no plano de situación desta edición, na seguinte ligazón.

Actividades complementarias
Diferentes talleres e artistas organizarán durante a xornada de mañá diversas actividades paralelas durante a apertura dos seus estudos.
● Carmen Soriano Pereda: Mostra de artes decorativas no muro ás 11.00 horas.
● Cillas Rodríguez: Taller ‘A mecánica do debuxo’, que promove pensar o debuxo como un acto vivido e experimentado que ten existencia a través dunha actividade poética interactiva.
● Chelo Facal: Obradoiro de pintura para os máis novos de 12.00 a 14.00 horas e performance poética a cargo do actor Willy Esther, na que buscará un paralelismo entre a obra de Chelo Facal e a poesía de Brais do Castro, recitando varios poemas deste autor.
● Jano Muñoz: Actuación de guitarra flamenca de Alberto Insua ás 11.30 horas e Visita por zonas privadas do estudio e unha explicación sobre o desenvolvemento da obra en proceso e a súa técnica ás 15.30 horas.
● Laura Doldán: Obradoiro de acuarela para aprender a facer unha Torre de Hércules ás 16.00 horas.
● Lidia Carrión: Obradoiro de iniciación ás técnicas mixtas con materiais de técnicas secas e húmidas.
● Línea Noroeste_Art: Obradoiro de gravado con materiais reciclados de 12.00 a 13.30 e de 18.00 a 19.30 horas.
● Luisa Valdés: Sesións de formación e explicación das técnicas acrílico, tinta china, lápiz de grafito e o uso da fotografía dixital como técnica mixta.

● Óscar Cabana: Obradoiro infantil durante toda a xornada que consistirá na elaboración dun mural colectivo no exterior do estudio.
● STOLAT: Performance de Mercedes Peón ás 19.00 horas e obradorio de gravado de Isabel Pintado, Jerzy Janiszewski e Gosia Trebacz
● Víctor Rodríguez: Obradoiro de iniciación a acuarela.